Contexto

O pasado venres día 22 de novembro de 2024 publícase no DOG o acordo polo que se somete a información pública o proxecto presentado pola mercantíl Cobre San Rafael para a reapertura da mina de Touro, unha vez máis, logo de que o anterior proxecto fora denegado en 2020.

Esta páxina pretende facilitar o acceso á información pública sobre as afectacións do proxecto mineiro "Cobre San Rafael" nos concellos galegos de O Pino, Touro, Vila de Cruces e Arzúa. Preséntanse as listaxes orixinais de datos das afectacións nun formato web e asociadas á súa representación xeográfica catastral, posibilitando a visualización das parcelas afectadas dun xeito máis gráfico e comprensible. Ademáis agréganse diversos recursos procesados para facilitar o tratamento e a análise dos datos das parcelas.

Oposición ao proxecto (#minaTouroOPinoNON)

logo plataforma mina Touro-O Pino NON

Invitámoste a coñecer de primeira man a loita de oposción ao proxecto que ven realizando a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON, dende a súa páxina web, no seu Facebook, o Instagram ou a través da súa canle de Youtube.

Acerca desta páxina web

Este visor web xorde como unha ferramenta de apoio inicial para a divulgación da información xeoespacial asociada a este proxecto e que se poida catalizar unha análise o máis obxectiva e crítica posible das características do mesmo. Tamén se busca a facilitación da información precisa para os procesos de participación pública tanto por individuais coma colectivos na oposición a este proxecto mineiro.

Foi elaborado polo Grupo de Asesoramento para a Defensa do Territorio de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia en colaboración coa Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON.

O Grupo de Asesoramento para a Defensa do Territorio xorde como unha iniciativa de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia da man dun grupo de profesionais de diversos ámbitos e activistas de diversas organizacións de Galicia. O seu obxectivo é fornecer apoio de carácter técnico que poida ser preciso por parte dos movementos sociais do país.

Se te consideras unha persoa cun perfíl ou habilidades que poidan ser de axuda nalgún ámbito concreto e desexas participar e/ou formar parte deste grupo, animámoste a contactar a través dos medios proporcionados nas ligazóns desta mesma páxina.

Colaborar con nós

Fainos as túas propostas de mellora, suxerencias e comentarios sobre a páxina e o visor xeográfico aquí no xestor de incidencias do repositorio da web.

Para outro tipo de colaboración e contacto podes chegar a nós mediante:

Licenciamento e condicións de difusión dos contidos da web

© 2024-presente. Os contidos propios desta web están licenciados baixo CC BY-NC 4.0 Imaxe Licenza CC-BY-NC

Parte dos contidos foron procesados misturando (e correxindo mínimamente ser for o caso) información das fontes oficiais citadas no apartado de Atribucións e Agradecementos (máis embaixo). Este procesamento levouse a cabo para a adecuación aos formatos de arquivos fornecidos na sección Recursos e a súa representación xeográfica no Mapa sen en ningún caso desnaturalizar a información de partida. Os contidos e informacións orixinais sen modificación que se presenten nesta páxina deben respetar as condicións de uso e difusión dos propietarios orixinais.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos dos titulares dos dereitos de propiedade intelectual, tales como marcas, nomes das entidades, logos ou signos distintivos. Os logos e imaxes pertencentes tanto á Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON como a Enxeñería Sen Fronteiras non se incluen nas condicións desta licenza e deben tratarse baixo as condicións que establezan a propia Plataforma e a ONG respectivamente.

Exclúese dos condicionamentos desta licenza á Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON ou otros movementos e entidades de carácter civil vinculadas con esta, que no contexto deste proxecto, en aras do ben común e coa finalidade de oposición ao proxecto mineiro, que poderán facer uso dos contidos propios desta páxina segundo conveñan e sen necesidade de atribución.

Privacidade

Esta web non emprega cookies de seguemento nin rexistra o uso das persoas visitantes da mesma.

Atribucións e Agradecementos

Listaxes de datos: DOG (Diario Oficial de Galicia. Xunta de Galicia)

Información parcelaria: Sede Electrónica do Catastro (Ministerio de Hacienda). Datos tomados con data 25/10/2024.

Capas base planos: Xeoportal / Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia (Xunta de Galicia)

Ortofotos Base: PNOA (IGN)

Visor Mapas: Leaflet

Mapa Base OSM: © OpenStreetMap contributors

Datos da explotación mineira: Catastro Minero (MITECO)